Novas


05/12/16

LOLA DÍAZ, ALUMNA DE 6º, GAÑA O 1º PREMIO DE DEBUXO DA AGRUPACIÓN MICOLÓXICA A CANTARELA

O pasado 26 de novembro , Lola Díaz Fole, alumna de 6ºB de primaria, recibiu no auditorio de Vilagarcía de Arousa o 1º premio no concurso de debuxo que organiza cada ano a Agrupación Micolóxica de Vilagarcía,“A CANTARELA”. Felicitamos á gañadora así como ó resto dos alumnos e alumnas que participaron, demostrando a súa interese no concurso, e as súas habilidades artísticas.