Novas


15/12/16

INÉS ALBA GAÑA O II TORNEO DE ORATORIA EXPRESS

A alumna de 2º da ESO Inés Alba foi a vencedora do II Torneo de oratoria express celebrado no centro logo de impoñerse aos seus compañeiros/as Guillermo Martínez (1º da ESO), Fernando Paredes (3º da ESO) e Adrián Bouzón (4º da ESO). A final celebrouse o día 7 de decembro, aproveitando o acto de homenaxe á Consitución e ao Estatuto de autonomía, e a cuestión formulada para esta fase foi a conveniencia de adiantar a maioría de idade aos 16 anos. A vencedora, que formou parte o curso pasado do equipo que representou o centro na actividade Debate.con, logrou convencer o xurado (composto por tres alumnos/as e dúas profesoras) cun discurso sólido e ben estruturado . Parabéns, Inés!