Novas


15/12/16

O ALUMNADO DE 2º DA ESO PARTICIPA NUNHA ACTIVIDADE DE RADIO EN FORMATO PODCAST

O 7 de decembro desenvolveuse no centro un obradoiro de radio en formato podcast dirixido ao alumnado de 2º da ESO. A actividade correu a cargo de Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución e formación, e tiña como obxectivo proporcionalle ao alumnado ferramentas e seguridade oral á hora de locutar textos así coma nocións básicas na gravación e edición de son. Foi un obradoiro práctico e participativo no que ao longo da mañá os alumnos/as aprenderon vocalización e dicción, dramatizaron textos, realizaron exercicios de roll play, editaron arquivos de audio... Agora só falta poñer en práctica todos estes coñecementos. Tempo haberá!