Novas


26/12/16

2º DE PRIMARIA VIVÍU UNS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO MOI INTENSOS

Nos meses de novembro e decembro os alumnos de segundo realizamos varias actividades interesantes que de seguido os contamos. A primeiros de novembro desfrutamos do magosto e todos xuntos puidemos comer unas castañas riquísimas feitas polo señor Juan. Despois de enchernos a castañas xogamos ás chapas, a corda e ao peletre, o pasamos xenial! Nestes días, tamén fixemos a exposición de cabazas, algunhas eran simpáticas, outras divertidas e outras ata daban medo! Xa no mes de decembro, e coas navidades cerquiña, axudamos coa decoración do colexio e das aulas. Coloreamos varios adornos que colgamos pola galería, fixemos un belén para o pasillo e, o mais divertido, por grupos realizamos unhas árbores de Nadal tecnolóxicas. Reciclamos uns Cds vellos para con eles, formar unha árbore que despois decoramos debuxándolle bolas de Nadal. Outra das actividades que fixemos foi “O corazón das virtudes”. Cada un de nos tiña que escribir nun corazón unha virtude do compañeiro para mais tarde darllo e pégalo na axenda. Todos marchamos moi ledos despois desta actividade. Por último, visitamos a capela. Seguimos traballando o Advento e tamén lle cantamos a nosa panxoliña “Filipenses filipenses” ao neno Xesús.