Novas


10/01/17

CARTA FORMAL AOS REIS

Co gallo da creación e formato dunha carta formal os alumnos de 5º realizaron diferentes cartas a direccións reais ou inventadas como parte dunha actividade de Lingua. Unha delas, a de Juan Pereira, chegou ao destinatario, conseguindo unha boa nova ao comezo deste trimestre. Este alumno escribiulle ao presidente do clube do que é seguidor, o Real Madrid CF, facéndolle participe da afección que moitos nenos da clase senten pola camiseta de cor branca. Como se dos Reis Magos se tratase, coa resposta a través dunha carta formal do responsable de protocolo do clube, enviaron un balón de fútbol para que os alumnos de 5º poidan gozalo no recreo. Dende o CPR Plurilingüe Sagrada Familia agradecemos a resposta do Real Madrid CF ante unha actividade escolar reforzando dese xeito a utilidade das habilidades e coñecementos aprendidos no centro. https://www.youtube.com/watch?v=1HcW1BmGkCY&feature=youtu.be

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=Oq4EIQZrg_8&feature=youtu.be