Novas


20/12/16

4º VISITA OS BELÉNS DO NADAL

Este ano os alumnos de 4º fomos visitar unha serie de beléns polo Nadal. Comezamos co Belén da Parroquial, onde un resposable da parroquia agardábanos con ledicia para explicarnos o seu traballo e a orixe do nacemento dos Beléns do Nadal. Os nenos atenderon abraiados ás explicacións e saíron moi ledos de ver un Belén tan fermoso, tan grande e con moita historia. Despois fomos ver o Belén das Galerías Eduardo que tamén ten moita tradición e que este ano estivo situado nas galerías do Casino, e por último rematamos coa visita ao noso Belén, o filipense. Foi algo distinto para os nenos facer esta saída. Como complemento as datas nas que estabamos, fomos á capela do cole e celebramos o Advento, onde realizamos unha serie de actos que lles gustaron moito aos nenos e participaron todos, ben lendo ou ben cantando panxoliñas. Rematamos ditos actos bicando a figura do neno deus, sempre dun xeito voluntario.