Novas


16/01/17

DOUS EQUIPOS DO COLEXIO ENTRE OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DO YBT

Cando vai dar comezo a rolda de cuartos de final dous equipos do centro atópanse entre os primeiros clasificados, a nivel provincial, do torneo Young Business Talents. Trátase dos grupos formado polos alumnos/as de 4º da ESO Jaime Martínez, Cristina Petisco, Gabriel Santórum e Jorge Vázquez (que compiten baixo o nome de The_Galactic ) e o integrado por Marina Chaves, Joaquín González, Patricia López e Rubén Núñez (que o fai co nome de EELS). Ambos ocupan agora mesmo o 9º e 10º posto (entre os 136 equipos da provincia de Pontevedra) pero, co mesmo número de puntos ca o primeiro clasificado. Esta é a primeira vez que o centro participa nesta actividade na que o alumnado da materia de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ten a oportunidade de xestionar unha empresa virtual a través dun simulador.