Novas


21/01/17

2º E 3º DA ESO VIVEN EN DIRECTO A MÚSICA DA REAL FILARMONÍA DE GALICIA

O mércores 18 e o xoves 19 de xaneiro, os alumnos de 2º e 3º da ESO, asistiron aos concertos didácticos ofrecidos por la Real Filharmonía de Galicia (RFG) no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo a batuta do xove director Piero Lombardi, a orquestra interpretou un programa repleto de danzas e bailes folclóricos: as Danzas Romanesas de Béla Bartók, o Minueto de Boccherini, Pizzicato Polka de Strauss, o popular Vals das flores de O Crebanoces de Chaikovski e a muiñeira Natural do compositor galego Rogelio Groba. Colaboraron nesta proposta o actor Carlos Hermida, que interviu como narrador; e os bailaríns do Espazo de Danza da Universidade de Santiago. Unha mañá xeada pero moi musical na que algúns alumnos incluso se animaron a «picar» algúns pasos ao son da RFG, facendo caso as verbas do propio Lombardi, «a música é compartir».

Fuente: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1481684868570766&id=290344971038101