Novas


23/01/17

1ª XORNADA DE DEPORTE NA ESCOLA

O vindeiro mércores, 25 de xaneiro, celébrase a “1ª xornada de deporte na escola”. A actividade trata de fomentar o deporte mediante encontros deportivos entre os centros inscritos no programa. Nesta primerira xornada facemos de equipo local e os alumnos de 6º EP-A serán os encargados de representarnos fronte ao CEIP Rubiáns. Os partidos realizarémolos no complexo deportivo de Fexdega entre as 10:00 e as 13:00. Na vindeira semana comentarémosvos como foi a experiencia.