Novas


30/01/17

DESEXOS E PROPÓSITOS DE PAZ

Para celebrar o Día da Paz e non violencia escolar 2017, os rapaces e as rapazas de Ed. Infantil e Ed. Primaria, coa axuda dos compañeiros e compañeiras de 3º da E.S.O. estiveron a facer unhas árbores coas súas mans que simbolizan o compromiso de todos eles e todas elas para loitar contra a violencia escolar e a guerra no mundo. Tamén queremos involucrarvos ás familias nesta actividade, para o que fixemos unha árbore na que podedes deixar as vosas mensaxes, desexos ou propósitos de paz.