Novas


10/02/17

O COLEXIO ACOLLE A EXPOSICIÓN ECOS DE CORTEGADA

Dende o pasado día 6 e ata o venres 24 o centro acollerá a exposición Ecos de Cortegada organizada pola asociación Faiado da memoria co patrocinio de Parques Naturais e a colaboración do Concello de Vilagarcía. A mostra componse de 11 paneis de gran formato nos que se reproduce a vida dos últimos moradores de Cortegada e se establecen comparativas entre a illa ocupada e a actual. Un gran álbum no que se mestura fotografía e información e que se configura como toda unha homenaxe aos habitantes que foron desterrados da illa a comezos do século XX. En relación coa exposición o xoves día 9 o alumnado de cuarto da ESO tivo un encontro con dous descendentes dos últimos insulares: Margarita Teijeiro e Agustín Ínsua. A actividade consistiu na proxección do documental Ecos de Cortegada, que acompaña á exposición, e nun pequeno coloquio.