Novas


11/02/17

A APA AORGANIZA O I BAILE DE DISFRACES NO LICEO CASINO.

O próximo 24 de febreiro en horario de 17:30 a 20:00 a APA do Colexio convida aos socios a unha festa de disfraces no Liceo Casino. O prazo de inscripción vai do 9 ao 14 de febreiro. Os interesados en que os seus fillos asistan a este I Baile de Entroido teñen que cubrir o formulario que levaron os seus fillos na circular. A directiva da APA agradecería a colaboración dos pais na celebración deste acto. Aqueles que estean dispostos a colaborar poden comunicalo a través da mesma circular.