Novas


14/02/17

XA CHEGOU O INVERNO A 4º DE INFANTIL

Os/As nenos/as de 3 anos estamos traballando “O inverno”. Aprendemos os principais cambios meteorolóxicos que suceden nesta estación do ano (neve, chuvia, saraiba, ...), tamén estamos aprendendo como debemos alimentarnos ben para superar mellor o frío, e que prendas de vestir son necesarias nesta época (abrigo, gorro, bufanda...) Fixemos moitas actividades:
• Elaboramos murais cooperativos para as entradas das nosas aulas.
• Ambientamos as fiestras e o interior das aulas con motivos invernais
• Realizamos debuxos.
• Traballamos coas novas tecnoloxías esta temática.
• Aprendemos cancións e poesías do inverno.
• Leemos o relato: ”O Señor Copos” ¡¡¡BENVIDO SEÑOR INVERNO!!! https://youtu.be/sDKjWsLAUSg https://youtu.be/VUi7qYffeQw

Fuente: https://youtu.be/4UBhdRY6buc