Novas


14/02/17

5º e 6º DE PRIMARIA VISITA Á EXPOSICIÓN DOS GUERREIROS DE TERRACOTA EN VIGO

Os alumnos do 3º ciclo de Primaria desplazámonos a Vigo para visitar a exposición “Guerreiros de Terracota”. Esta exposición organizada polo Faro de Vigo descubre os secretos do conxunto escultórico dos Guerreiros de Xi’an. Fai 42 anos uns campesiños descubriron asombrados o soterramento de 8.000 Guerreiros de Terracota e cabalos a tamaño real, que pertenceron a Clin Xi Huang, o primeiro emperador da gran China, que obsesionado pola vida eterna, mandou construílos e soterralos con él. Un documental deunos a benvida para situarnos nos antecedentes desta impresionante historia. De seguido, pasamos a ver a exposición. Encantounos a visita, a organización, a explicación dos monitores, etc. Foi unha actividade moi positiva onde aprendemos e disfrutamos.