Novas


16/02/17

DEPORTE NA ESCOLA – 2ª XORNADA

Despois de superar con éxito a primeira xoranda co CEIP Rubiáns, vindeiro luns, 20 de febreiro, celébrase a “II xornada de deporte na escola”. Como xa sabedes, a actividade trata de fomentar o deporte mediante encontros deportivos entre os centros inscritos no programa. Desta volta serán os alumnos de 6ºEP-B os encargados de representarnos fronte ao Colexio San Francisco. Coma de costume, os partidos realizarémolos no complexo deportivo de Fexdega entre as 10:00 e as 13:00.