Novas


17/02/17

OS DE 5º DE PRIMARIA RECIBEN UNHA CHARLA SOBRE DROGODEPENDENCIA

O pasado venres 10 de febreiro, os alumnos de 5º de Ed. Primaria asistiron a unha charla organizada polo SPAD encamiñada á prevención de drogas, en especial o alcohol. En moitas ocasións, as chamadas drogas legais, son consideradas de rango menor a pesar dos graves prexuízos que pode ter para a saúde propia e daqueles que nos rodean. O alcohol afecta á nosa saúde corporal pero tamén ten gran impacto nas nosas relacións sociais e familiares. As adiccións, sexan de drogas legais ou ilegais, destrúen moitas familias e danan as relacións con amigos e persoas do traballo. Por costume ou descoñecemento, son moitas as crenzas populares que minimizan o posible impacto ou importancia do alcohol nas nosas vidas e , en especial, nas persoas de menor idade. Non pasa nada, o alcohol quenta o corpo, a gasosa rebaixa o alcohol, como os demais o fan está ben feito... Cantas veces se escoitan este tipo de expresións sen reflexionar se son correctas ou non. Despois da charla tiveron, nunha segunda sesión, a proposta de realizar un cómic entre toda a clase con referencia ao alcohol e os seus impactos.