24/02/17
OS DE 5º DE PRIMARIA TIVERON DÚAS SEMANAS CUNHA AXENDA BEN APRETADA
En quinto estas dúas últimas semanas estivemos moi ocupados. O xaxún voluntario fíxonos pensar nos máis necesitados e, grazas ao vídeo que a mestra Silvia enviounos desde Queretaro, puidemos ver as dificultades que algunhas familias están a pasar.
Puidemos gozar dun "paseo" por unha das illas atlánticas (Cortegada) grazas a Adrián e a Mariña, dous alumnos da ESO que fixeron de "guía por un día ".
Finalmente, esta semana, visitáronnos unha traballadora e dúas voluntarias da cruz vermella coas que seguimos traballando valores como a solidariedade e a empatía cos máis necesitados.