Novas


27/02/17

ADMISIÓNS CURSO 2017-18

Este centro ten xornada única de mañá co horario de 9:15 a 14:15 h. para Infantil e Primaria. Para secundaria o horario será de 08:45 a 14:15 e a tarde dos martes de 16:15 a 18:00. Servicio de madrugadores a partires das 8:15 hrs. Polas tardes ofertaranse actividades a partir de 4 anos. As familias colaboran cunha aportación para os gastos de funcionamento do centro de 23’00 eur/alumno/mes. Prazo : 2 – 20 marzo (IMPORTANTE: SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE) Para admisións distintas das de 4º Ed. Infantil, a familia que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. Para solicitudes de 1º Prim e 1º ESO os alumnos que teñan reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro. Adxuntamos calendario do proceso de admisión. Presentación do Anexo II.
• Documento que acredite a idade do neno. Libro de familia
• Certificado de matrícula do centro de orixe nos casos de admisións distintas de 4º Ed. Infantil.
• Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
• No caso de separación ou divorcio a solicitude ten que estar firmada polos dous proxenitores e adxuntar o DNI do que non convive co neno. Documentación que teñen que aportar as familias no caso de ter que baremar:
• Certificado de empadroamento municipal, no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. O empadroamento deberá ter unha antigüidade mínima dun ano, respecto ao fin do plazo (20 marzo) e expedido neste ano. De haber un cambio de domicilio menor a un ano de antigüedade, deberá xustificarse con documentación da vivenda. Opción do domicilio de traballo. Asalariado: certificado de empresa e fotoc. contrato traballo. Autónomo: Alta censal de Hacienda e alta Seg. Social.
• Renda da unidade familiar. Suma das casiñas 380 e 395 da declaración da renda das persoas físicas do ano 2015, dividir o importe entre os que viven na casa (pai, nai, fillos), se o resultado está nesta táboa terá puntos de renta. 0 - 3.195,07 = 3 PUNTOS 3.195.07 -4.792,60 = 2 PUNTOS 4.792,60 -6.390,13 = 1 PUNTO +6.390,13 = 0 PUNTOS
• Fotocopia do libro de familia numerosa. Traer o orixinal para cotexar.
• Certificado oficial de minusvalía do pai, nai, alumno ou irmáns do neno. Consellería de Traballo e Benestar
• Criterio de libre disposición: Pai, nai ou irmá antigo alumno do centro. Fotocopia do título ou ano en que saiu do centro para comprobar actas. Como novidade deste ano pódese entregar on line. TODA ESTA INFORMACIÓN ESTÁ DISPONIBLE NO APARTADO CIRCULARES/CENTRO DESTA WEB E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO COLEXIO

Fuente: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113