Novas


01/03/17

UN EQUIPO DO CENTRO A PIQUES DE CLASIFICARSE PARA A FINAL DO TORNEO YBT

Esta semana rematou a fase clasificatoria do torneo Young Business Talents con dúas boas noticias: a primeira, que cinco dos seis equipos do centro acadaron a ronda de semifinais; a segunda, que, malia a ser a primeira vez que participabamos neste torneo, un dos equipos estivo a punto de clasificarse para a gran final que se disputará en Madrid o 31 de marzo. Trátase do equipo formado polos alumnos/as de 4º da ESO Jaime Martínez, Cristina Petisco, Gabriel Santórum e Jorge Vázquez (que competían baixo o nome de The_Galactic), que estiveron durante semanas no grupo de cabeza, pero que finalmente quedaron ás portas de clasificarse para a final. Esta era a primeira vez que o centro participaba nesta actividade na que o alumnado da materia de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial tivo a oportunidade de xestionar unha empresa virtual a través dun simulador.