Novas


01/03/17

A PRÓXIMA FIN DE SEMANA COMEZA A FASE PREVIA DO PARLAMENTO XOVE 2017

Un equipo do colexio desputará esta fin de semana na Coruña a fase previa do Parlamento xove 2017. Como xa sabedes, trátase da maior competición de oratoria que se celebra en toda España e á que o centro acode co difícil reto de manter os bos resultados acadados o curso pasado cando logramos acadar a final cun dos equipos e a semifinal co outro. Nesta octava edición o centro estará representado polos alumnos/as Paula González, Uxía Sánchez, Yaiza Torrado e Bruno Vila, coordinados polos profesores/as do departamento de Ciencias Sociais María Nogueira e Rubén Rivas. A actividade Parlamento xove está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e é unha competición de debate na que estudantes de diversos centros de Galicia se enfrontan dialecticamente durante algo máis de media hora. Cada equipo, composto por catro alumnos/as e un profesor/a, debe defender a postura a favor ou en contra do tema proposto pola organización. A cuestión a debater nesta fase previa é se unha variación na idade legal para mercar alcol pode influír nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude. Sorte aos nosos oradores.