Novas


05/03/17

O NOSO EQUIPO DE DEBATE REMATOU INVICTO NO PARLAMENTO XOVE. E BRUNO VILA FOI ELIXIDO MELLOR ORADOR DO TORNEO

O noso equipo de debate formado polos alumnos/as de 4º da ESO Paula González, Uxía Sánchez, Yaiza Torrado e Bruno Vila e coordinado polos profesores María Nogueira e Rubén Rivas, logrou esta fin de semana clasificarse para a fase de final do Parlamento xove 2017 na categoría da ESO. O equipo ocupou o segundo lugar na clasificación xeral ao vencer os tres debates que disputou. Tivemos que enfrontarnos dialecticamente aos Maristas de Lugo (aos que vencemos por 76 a 67 puntos), ao IES de Carral da Coruña (aos que nos impuxemos por 73 a 58) e ao colexio Carmelitas de Vigo (ao que derrotamos por 75,5 a 53). O equipo volve ademais coa satisfacción de ver como o alumno Bruno Vila era elixido entre os cinco mellores oradores do torneo, o que é especialmente meritorio dado que participaban 22 equipos e un total de 88 oradores. A final celebrarase o 21 e 22 de abril na sede do Parlamento de Galicia. Descoñécese aínda o tema pero xa sabemos quen será o noso primeiro rival: o IES A Pinguela de Monforte que rematou en sétimo lugar. A clasificación deste ano súmase á traxectoria dos últimos anos na que os nosos equipos veñen clasificándose para esta fase final e, moi especialmente, á da edición do 2016 cando o colexio logrou acadar a final cun dos equipos e a semifinal co outro e viu como a súa alumna Uxía Sánchez era elixida mellor oradora do torneo. A actividade Parlamento xove está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e é unha competición de debate na que estudantes de diversos centros de Galicia se enfrontan dialecticamente durante algo máis de media hora. A cuestión a debater nesta fase previa era se unha variación na idade legal para mercar alcol pode influír nos hábitos de consumo entre a mocidade.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2017/03/04/equipo-sagrada-familia-pasa-fase-final-parlamento-xove/0003148865250615132