Novas


08/03/17

O ENTROIDO DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Este ano celebramos o entroido por todo o alto. Durante esta semana carnavelesca, confeccionamos antifaces e caretas coas que fomos aos nosos fogares disfrazados de varios personaxes, lobos, gatos, bolboretas, paiasos... E o venres chegou o gran día. Xa a primeira hora da mañán viñemos disfrazados cada un da nosa personaxe preferida, degustamos filloas, orellas, e bebidas variadas nas nosas aulas. Logo fixemos un desfile, para que todo o mundo puidese ver os nosos fermosos traxes, e finalmente todos a bailar ao ritmo da música, no noso baile de entroido.