Novas


12/03/17

EN EDUCACIÓN INFANTIL COMEZAN OS DÍAS DO PROTAGONISTA

Esta semana en tres anos “A” tivemos dúas visitas: O pai de Carlota, que nos explicou a súa profesión. Traballa nunha empresa que se adica a sacar animais que entran nas casas, e levalos a outro sitio no que vivirán mellor. Explicounos como o facían con un exemplo dun ratiño. Métenos nunha gaiola grazas a unha trampa con comida e logo sóltano no campo. Estivemos moi atentos, porque explicouno todo tan ben que non podíamos apartar a nosa ollada da gaiola. Tamén nos explicou como fumigaban algúns sitios onde hai unha praga de insectos. Necesitan poñerse mascarillas para non respirar gases tóxicos, e para que poideramos coñecer a situación de primeira man, agasallounos cunha mascarilla para cada un de nós. Xa por último explicounos como facían os palés e para que servían. Tróuxonos á clase un minipalé con comida de xoguete, e ensinounos como se transportaban. Foi unha actividade xenial, e todos lle fixemos moitas preguntas. Moitas grazas por vir Ramón. Sempre serás benvido na nosa clase. O pai de Iván, que se chama Juan. Juan é policía e ensinounos que a policía está para axudarnos, tanto aos nenos coma os maiores. Ensinounos todos os accesorios que necesita para traballar: esposas, guantes especiais, walki, chaleco… ¡Encantounos tocar todo e aprender como e para que se usa! Ensinounos, tamén, unha libreta coa que multa aos coches que non cumpren as normas, e anota a matrícula do coche. Estabamos emocionados coa explicación e de repente sonou o teléfono a Juan e tivo que irse para axudar nun atropelo. ¡Así é a vida da Policía!- díxonos ¡Moitísimas gracias Juan por participar e ensinarnos tanto! Volve cando queiras . En 3 anos “B”: Cóntamos coa visita dunha nai que traballa en Renfe. A súa visita resultounos entretida e moi motivadora. Comezamos visionando un capítulo de Pepa Pig, “Pepa Pig viaxe en tren”, e vimos todos os pasos necesarios para facer unha boa viaxe no tren. Despois representamos na nosa aula, todos os pasos necesarios improvisamos unha estación , e un vagón de tren coas nosas cadeiras: Comezamos por elixir unha xefa de estación, que foi Marta que se encargou de vendernos todos os billetes, para o noso viaxe imaxianorio a China. Despois Eliximos ao Interventor, que foi Martín, a quen lle puxemos unha placa identificativa e ata garabata. Él axudounos a acomodarnos nos nosos asentos e revisou e ticou todos os billetes. Eliximos a Valeria como maquinista, ela conducía o noso tren, e por certo aprendemos que non se conduce con voante, senón con palancas. Cando chegamos a China, baixamos do tren e o interventor despedíase moi amablemente, e nos decía:”Gracias por viaxar connosco, que teña un bo día”. Como nos facía moita ilusión despois todos nos usamos o taladro de ticar os billetes. Finalmente bailamos a canción de Pica Pica: viajar en tren. Pasámolo xenial. Moitas grazas pola túa visita Almudena. Ata outra! En 5 anos “B”: Visitáronnos dúas nais que dun xeito moi dinámico e atractivo axudáronnos a facer unas caras moi divertidas con goma eva, lá e olliños de plástico. Os nenos e nenas tiñan que pegar os ollos as orellas e o pelo e pintar o nariz e a boca, quen quería tamén lle puido poñer lentes e pendentes. Unha actividade moi motivadora onde a creatividade estivo moi presente e que nos axudou a recordar as partes da nosa cara.