Novas


12/03/17

O TEMPO PERMITÍU AOS MÁIS PEQUENOS COMEZAR A TRABALLAR NA HORTA DO COLE

Grazas a melloría do tempo, esta semana puidemos por fin empezar a traballar na nosa horta. A primeira hora da mañá xa estábamos listos coas nosas botas de auga para ir a traballar. As nosas mestras acondicionaron o terreo e tenderon una rede antiherba. Despois cada un de nós fomos plantado por parellas as diferentes plantas. Esta semana plantamos: leitugas verdes, pementos e tomates. Logo regamos todo. A próxima semana seguiremos plantando cousiñas novas.