Novas


14/03/17

UNHA VIAXE POR VENECIA

Durante uns días, os alumnos de 5º curso de Educación Infantil estivemos investigando e descubrindo moitas cousas sobre Venecia. Coñecemos a localización, algúns monumentos importantes, personaxes históricos, a moeda, pratos típicos e as súas costumes e tradicións. Nesta viaxe colaboraron tamén as nosas familias. Quedamos impresionados con esta cidade!!! Faríanos moita ilusión poder viaxar algún día ata alí e dar un paseo en góndola escoitando “Que bonito sole” cantado polo gondoleiro. Mentres tanto, aquí gozamos facendo unhas preciosas máscaras e bonitos debuxos.