Novas


14/03/17

OS PITAGORINES DE 1º APRENDEN XOGANDO

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria realizaron durante as últimas semanas diferentes actividades lúdicas para aprender matemáticas. Cada venres, realízase en clase un xogo co obxectivo de aprender os números, a serie numérica, potenciar o cálculo mental ou aprender as figuras xeométricas esenciais. Cada venres chegan a clase con moita ledicia para saber con que sorpresa se van a encontrar: A oca matemática, o xogo de serpes e escaleiras, o tradicional bingo, o xogo do tangram, ou os xogo dos dados. Cal será a seguinte sorpresa para os pequenos Pitagorines?