Novas


15/03/17

INVENTANDO XOGOS EN INGLÉS

Para que despois digan que aprender é aburrido. Pois en 1º de ESO aprendemos xogando, e nunca mellor dito. As materias de inglés y educación física mesturáronse por uns días para realizar unha actividade na que o alumnado inventou novos xogos. Tras unha exposición das regras dos xogos en inglés diante dos dous grupos de 1º de ESO, os tres mellores foron escollidos para poñelos en práctica nunha clase de educación física. Aquí tendes fotos e un vídeo da actividade.

Fuente: https://youtu.be/lvJhED-4LM8