Novas


15/03/17

FINALIZA A SEMANA DO PRIMEIRO INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CON FRANCIA NO NOSO COLE

O pasado 8 de marzo chegaban ao noso colexio os estudantes do Collège Golfe des Pictons. Foi unha semana moi intensa e chea de novas experiencias para todos os participantes. Nas nosas aulas o alumnado francés puido descubrir a nosa cultura: a música tradicional, os xogos populares, a nosa lingua... Tamén houbo tempo para unha visita guiada por Vilagarcía, unha excursión a Santiago de Compostela e un paseo en catamarán para coñecer a Ría de Arousa. Esta foi, sen dúbida, unha semana inesquecible!