Novas


20/03/17

NOVAS DE XANEIRO E FEBREIRO DOS NENOS DE SEGUNDO DE PRIMARIA

Ao comezo do segundo trimestre tivemos unha divertida práctica de robótica. Por grupos, construímos o noso propio robot seguindo pasiño a pasiño as instrucións da monitora. O fixemos moi ben xa que tódolos nosos robots acabaron funcionando! Xa en febreiro , na materia de Naturais, estivemos traballando as partes do corpo con diferentes xogos . A parte de pasalo ben, aprendemos moitos dos ósos e órganos do ser humano. Tamén neste mes tivemos a celebración do Entroido. Comezamos o día presentando a personaxe do noso disfraz. Para almorzar probamos as orellas e filloas feitas polos nenos da ESO, estaban riquísimas!. Ao rematar de encher a barriga, baixamos ao patio para facer o desfile de disfraces e por último acabamos a festa bailando todos xuntos. O pasamos xenial.