Novas


24/03/17

UN NOVO PROXECTO PARA OS NENOS DE 4 ANOS, "A HORTA"

Os alumnos de 4 anos comezamos un novo proxecto “A horta”. O primeiro día achanzamos o terreo e colocamos unha lona para evitar que as herbas nos invadan as plantas. Logo abonamos con lixo de galiña e regamos para que as leitugas e os repolos que plantamos se alimenten ben e medren bastante. Impacientes esperamos a seguinte xornada para plantar os chícharos e as patacas.