Novas


29/03/17

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL VIAXA AO KIRIKO

Os nenos de 4 anos tivemos moita sorte co tempo na saída que fixemos á granxa “O Kiriko” como excursión de fin de curso. Despois dunha emocionante viaxe en autobús, recibíronnos os monitores coas mascotas da granxa, os cans. Explicáronnos as normas que ten que cumprir todo granxeiro para poder estar preto dos animais, no invernadoiro e os coidados cando imos ao forno. Logo, xa ben remangados, comezou a aventura coa actividade “O pan que facemos e que comemos”. Empregamos tódalas nosas forzas para amasar e, mentres levedaba para logo facer os bolos, visitamos e démoslle aloumiños a algúns animais. Gustáronnos moito os porcos vietnamitas , os cabalos e máis as vacas. A “vaca Olivia” deixouse muxir por todos os que quixemos, felicitamos a unha cabuxa que estivo parindo mentres que nos xantabamos. Logo, fomos ver as distintas aves, e démoslle de comer aos coellos , entre outras cousas. Xa no invernadoiro tomamos boa nota de como sementar o centeo e coidar as plantas. O xantar tivémolo moi merecido ao igual que un pequeno rato de ocio no parque ata o momento de continuar coas tarefas da tarde. Chegado o momento do regreso, estabamos tan esgotados que nada mais subir ao autobús, a maioría votamos unha merecida sesta.