Novas


02/04/17

OS DE 6º DE INFANTIL GRANXEIROS POR UN DÍA

Os nenos e nenas de 5 anos tivemos unha saída; fomos como excursión de fin de curso á granxa “O Kiriko”.Despois do divertido viaxe en autobús, recibíronos na granxa os monitores que nos tiñan preparado un tentempé . Logo dividíronnos en grupos e comezamos a aventura. Visitamos e démoslle de comer a todos os animais, muximos a vaca, fomos a recoller os ovos das galiñas, levamos a pastar as ovellas e fixemos un percorrido polo bosque entre outras cousas. Logo na ludoteca de actividades do bosque vimos pegadas, fixemos un obradoiro de sons e imitamos a distintos animais. Por último fixemos un bonito marca páxinas coas follas recollidas. O xantar xuntos fora da casa e a visita á granxa tivo aos nenos moi ilusionados ata o regreso. FOI UNHA GRAN AVENTURA!!!!!