02/04/17
QUEN SON OS PROTAGONISTAS DA SEMANA EN EDUCACIÓN INFANTIL?
TRES ANOS A
Esta semana contamos coa visita dun pai e unha nai.
Trátase dun pai que traballa na empresa Volvo coas pezas das máquinas pesadas. Tróuxonos á aula ás máquinas en maquetas: escavadoras, máquinas para facer estradas...
Explicounos como funcionaba cada maquinaria, e pudemos tocalas. Visionamos un vídeo no que se explicaba o funcionamento de cada unha delas.
Agasalláronos unha bolsa da Volvo, un caderno, un bolígrafo e un pin.
Tamén nos trouxeron un debuxo dunha escavadora e unha chocolatina.
ENCANTOUNOS A VISITA E DISFRUTAMOS MOITO XOGANDO COAS MAQUETAS!!
TRES ANOS B
Esta semana en tres anos “B” contamos con 4 visitas para o día do protagonista:
Pai de Mario:
Explicounos que traballa nunha empresa, onde fabrican tellas, bloques, ladrillos...
Tróuxonos a clase diferentes tipos de ladrillos e de tellas, para poder manipulalos.
Explicounos como é o proceso para fabricar estes materiais, a partir de barro, é a necesidade de que pasen polo forno para gañar dureza e resistencia.
Tróuxonos varios catálogos onde podíamos ver todos os materiais, e a súa empresa por dentro.
Explicounos como moitos dos traballos hoxe en día son feitos por robots.
Agasallounos cuns ladrillos de gominola.
Avó de Valeria:
Explicounos que é mecánico ferroviario. Traballa en redondela.
Arranxa os trens cando están avariados.
Ensinounos con fotos na pantalla dixital, o taller por dentro. Era enorme, e cabían varios vagóns dentro.
Ensinounos como era a maquina do tren, como era o posto onde do maquinista, todas as palancas e botóns que tiña que manexar.
Tamén nos ensinou un vÍdeo no que pudemos ver con detalle todo o taller.
AgasallounOs cunhas galletas en forma de tren para cada un, e un debuxo dun tren.
PASÁMOLO XENIAL!!!
Pai de Alejandro:
Explicounos a súa profesión. É mariñeiro e traballa en Carril.
Explicounos como se cultivan as ameixas e os berberechos.
Ensinounos fotos de ameixas finas, de ameixas xapónicas e de berberechos
Para que puderamos diferencialos.
Visionamos un vídeo no que se vía todo o litoral de Carril, os viveiros, a illa de Cortegada, ensinounos as ferramentas que usaban, os traxes que se poñían, e as lanchas.
Agora sabemos que as ameixas se sementas pequeniñas, e logo van crecendo, que o berberecho crece moito máis rápido que a ameixa, que hai algunhas ameixas que nacen de forma natural, e que no verán é necesario limpiar os viveiros das algas.
Agasallounos con ameixiñas de gominola, e invitounos a facer unha visita a illa de Cortegada.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA. ENCANTOUNOS!!!
Nai de Asier:
É hixienista dental.
Explicounos que traballa cunha dentista.
Visionamos un vídeo do Ratonciño Pérez, onde nos explicaban que eran as caries, como poder previlas, e que cando xa se teñen e necesario visitar o dentista para curalas.
Explicounos que nos debemos cepillar despois de cada comida, pero que o cepillado máis importante é o da noite.
Que non vale cepillarse a presa, que un bo cepillado debe durar como mínimo 3 minutiños.
Tróuxonos unha maqueta dunha dentadura a clase, e ensinounos como cepillarnos ben de arriba para abaixo.
Cada un de nós manipulamos,a maqueta e aprendemos a cepillarnos correctamente.
Agasallounos cunha cartuchera que contiña un cepillo de dentes, un enxagüe, e pasta de dentes.
ENCANTOUNOS A VISITA, E FOI MOI PRODUCTIVA!!!
CATRO ANOS A
Esta semana en 4 anos "A" recibimos con ilusión a visita dunha nai para compartir o seu traballo de enmarcación como arte de construír marcos para encadrar láminas, fotografías, debuxos... e as clases de pintura que imparte a nenos e adultos con diferentes técnicas para orientarlles a plasmar os seus sentimentos, retratos, a natureza, etc.
Tiveron a experiencia de realizar a súa propia obra de arte estampando a súa man en paspartú.
MOITAS GRAZAS EDY!!!
CATRO ANOS B
A visita da primeira nai protagonista deste curso.
A nai de Marta deleitounos co contó "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico". É unha historia de superación e crecemento persoal. A constancia é a que leva ao protagonista a resolver as dificultades para chegar a tempo á escola e tamén, grazas á colaboración e os bos consellos doutros animais como a gata e a araña. Pero quenes lle axudan a atopar unha solución ao seu problema, son as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio. Perico é un personaxe curioso, extravertido e tenaz que nos animou a todos a ver a escola como un lugar divertido.
Logo reciclamos e, cos cartóns dos ovos, fixemos unhas orugas preciosas. Divertimonos moito pintandoas.
Agradecemos á nai de Marta que compartirá ese tempo con nos.
CINCO ANOS B
En 5 anos “B” tivemos a visita de dúas nais que nos ensinaron a decorar un cupcake e a caixiña onde gardalo. Primeiro, con crema de cor azul, conguitos e galletas oreo fixemos a cadanseu monstro das galletas, un traballo moi divertido e delicioso. Logo con troqueladoras e moita creatividade decoramos as caixiñas. Foi unha fermosa experiencia. ¡¡¡¡MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!