Novas


05/04/17

TRABALLOS DE CORESMA

Estas últimas semanas andivemos moi atarefados coas nosas actividades. Estivemos a celebrar a Coresma na capela do colexio. Para desenvolver esta actividade, inchamos globos de cor morada onde puxemos unha mensaxe moi especial e este venres, antes de marchar de vacacións, estouparemos todos os globos para ler entre todos as nosas mensaxes. Ademais diso, coincidindo con este tempo litúrxico, os nenos e nenas de quinto de educación primaria estivemos a traballar a literatura galega, facendo traballos cooperativos que tivemos que expoñer oralmente…. Co que nos encanta a nós falar!!!! Deixámosvos coas fotos para que gocemos como nós o fixemos das actividades e desexándovos unhas felices vacacións e unha boa Pascua! Deica o terceiro trimestre!!!