Novas


07/04/17

OS DE 2º DE PRIMARIA PECHAN TRIMESTRE

Estes últimos días do trimestre estivemos moi atarefados. Algunhas das actividades que queremos compartir convosco son as seguintes: - Visita á Capela para marcar o comezo da Coresma. - Traballo sobre a prensa: Traballamos cos periódicos, para descubrir as diferenzas coa revistas, os diferentes tipos que hai,as súas partes e por último realizar o noso periódico particular. - Actividade de vasos conectores.Así aprendemos,con este experimento, como se poden obter diferente cores, partindo das cores primarias. - Para tomar conciencia da importancia do tempo de Coresma, fixemos uns “Lapbooks”, que nos acompañaron durante varias semanas e que nos axudaron a vivir día a día cos nosos compromisos. - De cara aos traballos na horta do terceiro trimestre, comezamos na clase cos sementeiros.Por grupos plantamos: eneldo, cebollino, pimientos, acelgas,lechugas, perejil e tomillo. - Visita ao Castro Alobre e ao Parque Enrique Valdés Bermejo. Alí puidemos ver como vivían os nosos ancestros e desfrutamos do marabilloso parque.