07/04/17
CHEGOU A PRIMAVERA A 3 ANOS
Nas nosas aulas respiramos xa ambiente de primavera, decoramos todas as nosas portas e fiestras con margaridas, abellas, e bolboretas.
Tamén adornamos as aulas e fixemos dous murais primaverais preciosos para ambientar as entradas das nosas aulas.
Aprendemos os principais cambios que se producen nesta estación cunha canción: O rock da primavera.
-Os días son mais longos.
-As aves volven e anidan.
-Nacen a flores.
-Xa vai máis calorciño, pero chove.
- Visítannos as abellas, as bolboretas,...
Fixemos manualidades de primavera, macetas, flores, espantapaxaros...
¡BENVIDA PRIMAVERA!