Novas


07/04/17

MÁIS PROTAGONISTAS NAS AULAS DE INFANTIL

TRES ANOS A Esta semana contamos coa visita do pai de Brais, que é fontaneiro, explicounos en que consistía o seu traballo, amosounos todas as ferramentas que utiliza a cotío no seu traballo. Agasallounos cun libro do medio ambiente e cun debuxo. TRES ANOS B Esta semana en tres anos “B” contamos con dúas visitas: O Padriño de Xavi, que é entrenador no equipo San Martín, e que nos fixo un entrenamento coa pelota, no que todos practicamos o tiro a portería. Invitounos a todos a practicar deporte, e agasallounos cunhas pelotas de chocolate uns globos e uns silbatos de árbitro. Deixóunos a pelota na aula e despois fomos a xogar ao campo de fútbol do cole. PASÁMOLO XENIAL! A nai de Lola, que é doutora no Hospital do Salnés, comezou a súa visita ensinándonos cal é a vestimenta dun médico, e ela e Lola puxeron as súas batas de doutoras, explicounos que non temos que chorar ao ver unha bata branca, que é igual que o noso mandilón, despois ensinounos o fonendoscopio e algún de nós pudemos escoitar o noso corazón. Pero claro non só ela e Lola ían a ser doutoras, así que cos seus agasallos vestímonos de doutores e doutoras todos os nenas e as nenas de clase. Estábamos monísimos con gorro verde, os guantes, a mascarilla e os noso pauciños e xiringas. Falounos tamén das menciñas que temos que tomar cando estamos enfermos, algunhas saben mal, pero son necesarias para poder curar. Tamén nos ensinou como abrir ben a boca para que o doutor nos poida mirar a garganta sen necesidade de meter o pauciño, logo fíxonos unha revisión dos oídos e pudemos comprobar en persoa que non doe nada. Tamén se lembrou de falarnos das vacinas, que serven para previr enfermidades, e por ultimo concencióunos da importancia de comer san (froitas, verduras....), de beber moita auga e dos hábitos de hixiene como lavarse as mans antes das comidas e os dentes despois. ¡MOITAS GRAZAS, DE AGORA EN ADIANTE ACABOUSE O MEDO A IR AO DOUTOR! CINCO ANOS B Esta semana tivemos a visita dunha nai e uns avós . Primeiro, ensináronos a facer uns bombóns moi orixinais con chocolate branco e negro. Había dinosauros, soldados ,estrelas, corazóns...que tivemos que desmoldar con moito coidado. Despois fixemos unhas riquísimas lambetadas con auga quente e xelatina, estaban deliciosas incluso houbo quen lle engadiu azucre. Levamos uns poucos para a casa e outros comémolos na clase. ¡Estaban boísimos! Logo ensináronnos distintos tipos de espigas , de sementes e de fariñas coas que se fai o pan , as galletas os cereais... As que máis nos gustaron foron as espigas das pombas de millo ,xa que logo, comemos unhas poucas. Por último, como nos portamos moi ben déronnos dous ovos de agasallo , un era unha goma e outro era máxico que se transformaba nunha flor e ademais tamén era unha pintura.¡¡¡ Pasámolo xenial!!! MOITAS GRAZAS POR TODO.