Novas


07/04/17

O GRITO DE TEA

Para o Día internacional do Trastorno do Espectro Autista (TEA) os alumnos de 5º de Ed. Primaria realizaron unha serie de actividades que remataron na creación dunha composición escrita. En primeiro lugar realizamos o visionado de diferentes vídeos onde explicaban vivencias, características ou “superpoderes” dos nenos con TEA. En segundo lugar apuntamos as emocións ou información que nos aportaban diferentes partes , non moi recoñecibles, dun cadro. Isto danos unha visión diferente da realidade xa que non todos a percibimos igual. Con esas palabras comezamos a construír oracións e logo diferentes parágrafos. A realidade pódese dividir en diferentes partes pequenas co poden centrar o noso interese. Tamén pode que percibamos o que nos rodea de forma tan xeral que non nos fixamos nas pequenas cousas. Como punto intermedio realizamos un mapa conceptual sobre as palabras que nos suxire o TEA formando unha rede ou tea que una a multitude de características que forman unha persoa. Descubrimos o cadro completo do que proviñan os pequenos fragmentos. Este era “O grito” de Munch. Reflexionamos o porqué desa expresión, a forma de plasmar unha emoción e visionamos diferentes versións dese cadro. Acaso cada un non percibe o mundo de maneira diferente aínda que o mundo semelle ser o mesmo? Como elemento final realizamos unha composición escrita, tendo como tema central o TEA, con todas as palabras, oracións ou parágrafos cos que estivemos traballando. Tentan reflectir emocións, sensacións, características ou ideas.