Novas


18/04/17

XOGANDO CO ATLETISMO

O venres 21 de abril, celébrase a actividade “xogando co atletismo”. O alumnado dos centros inscritos no programa participará en distintas probas co obxectivo de fomentar e achegar este deporte aos rapaces. A xornada realízase nas pistas de atletismo, no Complexo Deportivo de Fontecarmoa. A actividade comezará ás 11:30 pero aínda estamos á espera de que a organización nos confirme o horario definitivo e o transporte. As probas previstas son:
• 60 metros lisos.
• 500 metros lisos.
• Salto de lonxitude.
• Lanzamento de vortex.
• Lanzamento de peso (2kg).
• Relevos 4x60 metros lisos.