Novas


23/04/17

DÍA DO LIBRO CONMEMORANDO A GLORIA FUERTES

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro o día 23 de Abril, o alumnado de ED. Infantil e de ED. Primaria conmemorou o primeiro centenario da poetisa madrileña Gloria Fuertes, que fixo unha grande achega á literatura infantil do século XX. Os nenos traballaron nas clases a figura de Gloria Fuertes e os seus poemas, fixeron versos dos seus poemas para decorar as escaleiras, recitaron... Este ano, ademais as familias participaron de forma activa na elaboración dun vídeo tanto desde as súas casas como vindo ao colexio. Este é o froito da colaboración de todos.

Fuente: https://youtu.be/6rVUtYu-hfE