Novas


24/04/17

EDUCACIÓN INFANTIL CELEBRA O DÍA DO LIBRO

Os alumnos de Educación Infantil celebramos durante esta semana o día do libro, sumamos ao noso cole nas actividades programadas. Este ano celebrábamos o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, polo que algún de nós participou grabándose na casa recitando en familia o poema de Gloria Fuertes Mi Cara, outros pais desprazáronse ata o colexio e recitáronnos aqui versos da autora. Tamén ao igual que os nosos compañeiros de primaria, decoramos todas as escaleiras do colexio, con versos de diferentes poemas da autora homenaxeada. Realizamos tamén unha ficha especial do día do libro. E realizamos en cada unha das aulas de Infantil un conto colaborativo que expoñemos ás entradas das nosas aulas. Moitas Gracias ás familias pola colaboración!