21/04/17
PROTAGONISTAS DA SEMANA
TRES ANOS A
Esta semana contamos coa visita da nai de Laira que veu a recitarnos un poema con motivo do día do libro adicado a Gloria Fuertes. Tróuxonos un retrato da autora para colorear e o poema de Mi Cara con pictogramas para poder recitalo con ela.
MOITAS GRAZAS SILVIA!
TRES ANOS B
Esta semana en tres anos “B” contamos coa visita da nai de Clara que é odontóloga que nos contou o conto de ¡ A cepillarse los dientes! Explicounos pomenorizadamente todos os pasos a seguir para facer un bo lavado de dentes.
Mollar o cepillo
Botar a pasta
Cepillarnos os dentes arriba e abaixo
Logo as muelas
A lingua
Enxaguar con enxagüe
E tamén podeos usar fío dental.
Como aprendemos todo tan ben e tan rápido, entregounos de regalo un diploma que certifica que somos moi bos cepillándonos os dentes e tamén nos agasallou cunha pasta dental para cada un.
CATRO ANOS A
Esta semana recibimos a visita de dúas familias:
A primeira visita foi da nai de Eric, farmacéutica, que lle ensina a súa bata branca como uniforme de traballo e explícalle que como profesional da saúde prepara e dispensa medicamentos aos pacientes que o demandan, para controlar o corazón, a glicosa, etc. Tamén aconsella o que deben de tomar en caso de ter tose, febre ...
Organizaron por cores un pastillero de lacasitos que logo degustaron. Acaban a actividade cun experimento no que manipularon e observaron que a líquidos como o vinagre e a auga con bicarbonato, ao engadirlle un líquido indicador feito con lombarda, cámbialle a cor e como xuntando os dous formaron unha escuma que simulaba a lava dun volcán. Foi moi emocionante!
Grazas Noemí !
Na seguinte visita as protagonistas foron a nai e a tía de Martina que con motivo da proximidade da celebración da Pascua de Resurrección queren compartir a súa alegría e ensinarlle a confeccionar un coelliño. Explícanlle que é un personaxe que trae ovos de chocolate aos nenos para festexar que Xesús resucitou polo que temos que vivir moi alegres. Cos materiais que trouxeron contribuíron ao desenvolvemento de habilidades manipulativas e formaron un entrañable e fermoso coello de Pascua. Foi moi divertido.
Grazas Marta e Irene !
CATRO ANOS B
Contamos con dúas visitas:
A nai de Marina:
Como é unha mestra do cole, veu acompañada dos seus alumnos. Os nenos traían moi ben preparado o tema que nos explicaron e que nos axudou a reforzar o que non hai moito tempo estudamos na clase: Venecia.
Con enorme cariño e tranquilidade recibimos a estes alumnos que fóronnos explicando distintos aspectos desta cidade.
Algúns, lembrábanse cando eran máis cativos e estaban nesta clase. Que bonitos recordos!!!
Agradecemos a nai de Marina que traía todo moi ben organizado cos rapaces e, a eles, por todo o esforzo e traballo que lles supuxo buscar a información e preparar os agasallos que logo compartiron con nos. Moitas grazas a todos!!!
A nai de Leo:
Os nenos de catro anos "B" tivemos a oportunidade de degustar uns riquísimos batidos de xeado de chocolate que a nai de Leo nos ensinou a facer. Primeiro foi preparando todos os materias necesarios e logo empezou a engadir na batidora os ingredentes: xeado de chocolate, un pouco de leite, algo de azucre e xirope de chocolate. Un segredo moi importante que nos dixo para que todo saia ben é que hai que pechar moi ben a tapa da batidora, senón ao empezar a funcionar, seguro que sae todo por fóra. Logo xa tiñamos os vasos preparados con un chisco de xirope, botamos o batido e, por enriba, nata ao gusto de cada un e unhas virutas de chocolate. A algúns gustounos tanto que queremos repetir a experiencia coa nosa familia. Pero o que fixo a ledicia de todos foron os parasois que decoraban os vasos e as pallas, aínda que nos custaba un pouco darlle a forma.
Agradecemos á nai de Leo que compartira este tempo con nós.
CINCO ANOS A
Esta semana tivemos a visita moi especial, a nai de Diego Betanzos. Veu a falarnos un pouco da súa profesión, converténdonos a todos/as en cociñeiros/as, agasallándonos cuns gorros e cuns mandís. Explicounos os pasos previos para cociñar “Poñerse a vestimenta adecuada, lavarse as mans e preparar os materiais para poder comezar”. Realizamos uns “cadeliños quentes” con salchichas, queixo, patacas fritidas e salsas. ¡Estaban boísimos! Ademais, tíñanos preparado unha sobremesa; froitas con chocolate. Ó rematar, recollemos e limpamos as mesas e démoslle as grazas a Verónica por compartir connosco esta actividade.