Novas


01/05/17

ALUMNOS DA ESO PARTICIPAN NA OLIMPIADA MATEMÁTICA

O pasado xoves 27 de abril, os alumnos de 2º da Eso : Alejandro Pita, Inés Alba, José Mª Fernández y Miguel Durán , participaron na XIX Olimpiada Matemática. É un concurso organizado por AGAPEMA (Asociación galega do profesorado de matemáticas), destinado aos alumnos de 2º da ESO. Levamos xa varios anos presentándonos a este concurso. A primeira fase, fase de zona, ten lugar simultaneamente en 7 cidades galegas e delas saen os 40 seleccionados para a Fase final que se celebrará o vindeiro 18 de maio na sede de Lugo. Os nosos alumnos fixeron a proba da fase de zona en Pontevedra. Desexámoslles aos nosos 5 participantes moita sorte e esperamos ver a algún eles na fase final