Novas


28/04/17

VICTORIA ABSOLUTA NA FINAL DO PARLAMENTO XOVE

A pasada semana Uxía Sánchez, Yaiza Loureiro, Bruno Vila e Paula González participaron na Fase Final do Parlamento Xove, acompañados polos seus profesores Rubén Rivas e María Nogueira. Despois duns cantos anos loitando conseguen por fin unha victoria absoluta. Campeóns galegos de debate. Pero o mellor de todo é o que aprenderon, alumnos e profesores, durante este camiño. Risas e bágoas nerviosas, acordos e desacordos, estudo, crítica constructiva, busca de información, coñecemento mutuo, cariño, moito cariño son só algúns dos ingredientes que aderezaron a experiencia. Algúns quedaron este ano no cole, xa que só puidemos levar a un equipo, pero forman tamén parte desta victoria: Rubén Núñez, Marina Chaves, Daniel Noya, Uxía Paz e algún outro. Gustaríame deixar baixo estas liñas o link do vídeo que Uxía fixo sobre o PX17. Agora falta decidir que viaxe facer cos 5000 euros do premio.

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=6bvckhA7jUs