Novas


07/05/17

ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PARTICIPAN NO REBUMBIO MATEMÁTICO

O venres día 29 de abril celebrouse en Pontevedra a primeira fase do XVII REBUMBIO MATEMÁTICO para 6º Primaria. É un concurso matemático onde poden participar centros de toda a comunidade. A súa finalidade é fomentar o gusto polas Matemáticas a través da resolución de problemas mediante o traballo en equipo. O noso Colexio participou con dous equipos, un formado por Beatriz Fernández, Irene González e Cristina Merino e o outro integrado por Diego Bello, Óscar Galán e Carlos Martínez. Confiamos que algún deles poida estar o día 19 de maio na Fase Final que terá lugar na Coruña. MOITA SORTE!!