Novas


08/05/17

JACOBO XA É COMO DA CASA

Que sorte volver a telo entre nós! Jacobo xa é como da casa. As razóns non son poucas, querido amigo, para volverte a ver… bueno, casi cinco. Todo comezou cando chegou ás nosas mans “As orixes de Marcopola” Entón sentimos curiosidade por descubrir quen sería o autor, capaz de escribir e debuxar esta incrible historia que nos iba a ter presos na lectura ata o fin. E Iso que a profe nos dicía: - Marcade dúas páxinas para ler na casa. Dúas… en serio? Aínda que sempre tomamos ao pé da letra todo o que di a nosa profe, neste caso era imposible resistirse. E veña todo na mesma tarde e máis páxinas tivera. E así foi como chegamos ata Dragoneta, ata Avoa Power e próximamente será Pernechas e logo… que será logo? Que nos terás preparado? Daquela xa sabes que nos somos os teus seguidores incondicionais e que agardamos con ilusión a túa próxima visita. Grazas por nos ter dando tantas aventuras. Vémonos na próxima!!! Alumn@s de 3º e 4º de Primaria