Novas


04/05/17

PEQUENOS AGRICULTORES

Xa chegou o bo tempo e, os nenos de primeiro de primaria, aproveitámolo para ir a nosa horta. Primeiramente, tivemos que ir á tenda para mercar diferentes plantas: leitugas, acelgas, perexil, cenorias…De volta ao colexio , coa axuda dos nosos mestres, plantámolas con moito coidado. Agora só queda coidalas , regalas e observar como crecen. Esperamos compartir con vós os resultados da nosa pequena plantación.