04/05/17
A FESTA DOS MAIOS EN INFANTIL
Este venres celebramos a festa dos maios, en Educación Infantil.
Dende a primeira hora da mañán cada aula confeccionamos un maio coas nosa titoras e uns alumnos da ESO que colaboraron con nós.
Fixemos uns maios preciosos, con todos os materiais que nos trouxeron as familias: xestas, fiunchos, cocos, margaridas, ovos, limóns , laranxas....
Unha vez rematados, expuxemos os maios na entrada do “cole” e cada curso cantou a súa cantiga: “O maíño maio ,é moi pillabán”
https://www.youtube.com/watch?v=S5WLyS5_O1c
https://www.youtube.com/watch?v=4zZ4hFz3h_w
https://www.youtube.com/watch?v=KB1yXJTWvVE&feature=youtu.be
Foi un día estupendo.
GRACIAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN!