Novas


27/04/17

MÁIS PROTAGONISTAS EN INFANTIL

Esta semana en 3 anos A contamos coa visita de María que a nai de Pedro. Ela é doutora de urxencias no hospital do Salnés. Explicounos como é o seu traballo e todos os utensilios que utiliza (fonendo, gorro, tensíometro, guantes...) Troúxonos un maletín de médico de xoguete, para poder nós manipular todos os utensilios. Tamén nos explicou como traballan eles con gomets, e que segundo a importancia da urxencia utilizan un gomet ou outro. Pasámolo moi ben con todo o material de médico que nos regalou. E ensinounos a que non debemos ter medo dos médicos. Moitísimas grazas María por todo. VOLVE CANDO QUEIRAS!