Novas


10/05/17

EDUCACIÓN INFANTIL DISFRUTA COS CONTACONTOS DE 4º DA ESO

Os alumnos de Ed. Infantil estámoslle moi agradecidos aos alumnos de 4º da E.S.O. xa que, no seu recreo, viñeron durante unha semana ás clases dos mais pequenos a contarnos uns contos para fomentar en nós o uso da lingua galega . Lograron unha escoita activa pola nosa parte, posto que traían moi ben preparados os contos e fixérono dun xeito moi atractivo. En moitos de nós deixastes unha pegada marabillosa. Grazas por este bonito xesto cos mais cativos do cole.